CONSELLOS PARA APROBAR
Consellos para aprobar: Aquí tes algúns tips que a nós nos resultaron de moita axuda: 1- Relaxa a mente: Parece gracioso pero é o principal, antes de poñerte a estudar o mellor é calmarte e tranquilizarte facendo algo que che guste. Tanto podes facer algo de exercicio ou algún deporte, como debuxar un rato ou escoitar música. Así collerás a materia con máis ánimo. 2- Organízate: Antes de estudar debes repartir en pequeñas seccións o que vas facer cada día, grazas a isto, rendirás mellor. Sabemos que é difícil e que normalmente téndese a estudar o día anterior, pero deste xeito terás máis tempo para ti e non verás tanto temario para o exame. 3- Atopa o teu método de estudo: Cada un de nós emprega unhas técnicas de estudo específicas, dado que non "absorbemos" os coñecementos da mesma forma. Suxerímosche varios exemplos: Apuntes : Facer esquemas ou resumos das unidades a estudar é moi útil se escribir che axuda a "almacenar" os coñecementos. Mapas conceptuais : Tr