CONSELLOS PARA APROBAR

Consellos para aprobar:

Aquí tes algúns tips que a nós nos resultaron de moita axuda:

1- Relaxa a mente: Parece gracioso pero é o principal, antes de poñerte a estudar o mellor é calmarte e tranquilizarte facendo algo que che guste. Tanto podes facer algo de exercicio ou algún deporte, como debuxar un rato ou escoitar música. Así collerás a materia con máis ánimo.

2- Organízate:

Antes de estudar debes repartir en pequeñas seccións o que vas facer cada día, grazas a isto, rendirás mellor. Sabemos que é difícil e que normalmente téndese a estudar o día anterior, pero deste xeito terás máis tempo para ti e non verás tanto temario para o exame.

3- Atopa o teu método de estudo:

Cada un de nós emprega unhas técnicas de estudo específicas, dado que non "absorbemos" os coñecementos da mesma forma. Suxerímosche varios exemplos:

Apuntes: Facer esquemas ou resumos das unidades a estudar é moi útil se escribir che axuda a "almacenar" os coñecementos.

Mapas conceptuais: Trátase dun esquema más "minimalista" ideal para visualizar a teoría.

Subliñado: subliñar directamente o libro ou as fichas pode axilizar e volver más cómodo o proceso.

Escríbenos abaixo un comentario suxeríndonos un método de estudo que che pareza interesante e adecuado.

4- Axudas externas:

Con isto referímonos a que hai multitude de aplicacións, páxinas web, etc.; en Internet que che poden axudar a optimizar o estudo. Incluso hai algúns podcast en Spotify ou vídeos resumo en Youtube.

Incluímos un enlace a un podcast interesante  :) https://anchor.fm/miguelabraira

Comentarios

Entradas populares de este blog

OS POBOS PRERROMANOS DA PENÍNSULA IBÉRICA ( pobos do sur e do levante,meseteños e do occidente peninsular)

CONQUISTA E ROMANIZACIÓN (etapas da conquista, elementos de romanización: organización político administrativa do territorio, lingua e cultura,obras públicas)

O NEOLÍTICO: CARACTERÍSTICAS E CAMBIOS CON RESPECTO Á ÉPOCA PALEOLÍTICA( cambios económicos, sociais e culturais)