Entradas

CONSELLOS PARA APROBAR

Imagen
Consellos para aprobar: Aquí tes algúns tips que a nós nos resultaron de moita axuda: 1- Relaxa a mente: Parece gracioso pero é o principal, antes de poñerte a estudar o mellor é calmarte e tranquilizarte facendo algo que che guste. Tanto podes facer algo de exercicio ou algún deporte, como debuxar un rato ou escoitar música. Así collerás a materia con máis ánimo. 2- Organízate: Antes de estudar debes repartir en pequeñas seccións o que vas facer cada día, grazas a isto, rendirás mellor. Sabemos que é difícil e que normalmente téndese a estudar o día anterior, pero deste xeito terás máis tempo para ti e non verás tanto temario para o exame. 3- Atopa o teu método de estudo: Cada un de nós emprega unhas técnicas de estudo específicas, dado que non "absorbemos" os coñecementos da mesma forma. Suxerímosche varios exemplos: Apuntes : Facer esquemas ou resumos das unidades a estudar é moi útil se escribir che axuda a "almacenar" os coñecementos. Mapas conceptuais : Tr

O NEOLÍTICO: CARACTERÍSTICAS E CAMBIOS CON RESPECTO Á ÉPOCA PALEOLÍTICA( cambios económicos, sociais e culturais)

Imagen
  O Neolítico é unha etapa da Prehistoria caracterizada polo inicio dunha serie de transformacións revolucionarias que permitiron superar o Paleolítico, de tal maneira que se denomina revolución neolítica. As orixes do Neolítico sitúanse cara o 8000 a. C. no Próximo Oriente, pero na península iniciase máis tarde, sobre o 6000 a. C. Caracterízase por: Economía produtora coa introdución da agricultura e da gandería . Durante este período o ser humano é quen de producir os seus alimentos polo que pasamos dunha economía depredadora a outra de tipo agrogandeira . Na transformación da economía houbo unha posta en práctica da observación dos ciclos da natureza, posiblemente un feito protagonizado polas mulleres. Agora o ser humano é quen de seleccionar plantas e animais para domesticalos co fin de garantirse o seu sustento e así desenvolveuse a agricultura do trigo, cebada e leguminosas e a domesticación de gando bovino, caprino e porcino. Este proceso é o que

OS POBOS PRERROMANOS DA PENÍNSULA IBÉRICA ( pobos do sur e do levante,meseteños e do occidente peninsular)

Imagen
  Durante o primeiro milenio a. C. (Idade de Ferro) a chegada de pobos mediterráneos e indoeuropeos influíu na evolución das diversas culturas autóctonas. Conformáronse na Península tres áreas culturais: os iberos no leste e sur; os celtas no centro, oeste e norte; e os celtiberos no leste da Meseta e Sistema Ibérico.                                 Os pobos colonizadores do Mediterráneo oriental (fenicios, gregos e cartaxineses), que viñeron buscando materias primas como o estaño, fundaron encraves comerciais costeiros (colonias) e actuaron como transmisores de elementos culturais e tecnolóxicos máis avanzados dos que se gozaban na Península. Difundiron o emprego do arado, o alfabeto, a moeda, os modelos urbanísticos, as salgaduras, etc. No suroeste peninsular, na primeira metade do primeiro milenio (entre os séculos VIII e VI a. C.), no espazo correspondente a Andalucía occidental (treito final do Guadalquivir), a meseta sur e a baixa Extremadura, destaca a cultura

CONQUISTA E ROMANIZACIÓN (etapas da conquista, elementos de romanización: organización político administrativa do territorio, lingua e cultura,obras públicas)

Imagen
  A conquista romana foi o proceso histórico de dominio e control militar do territorio da península ibérica por parte de Roma. Este proceso foi bastante dilatado no tempo (desde o ano 218 a. C. ata o 19 a. C.), e terminou coa total integración e asimilación do territorio hispánico no Imperio romano. O interese de Roma pola península ibérica xurdiu durante o século III a. C. no contexto da segunda guerra púnica contra Cartago polo dominio do Mediterráneo Occidental. A primeira guerra púnica rematara cun tratado que establecía a liña de influencia e dominio cartaxinés no río Ebro . Ao sur desta liña atopábase Sagunto , cidade aliada de Roma, que foi conquistada por Aníbal no ano 219 a. C., feito que se converteu en casus belli (motivo de guerra) da segunda guerra púnica. A presenza militar romana iniciouse no ano 218 a. C. co desembarco en Emporion (Ampurias) de Publio Cornelio Escipión . Nesta etapa as tropas romanas derrotaron aos cartaxineses e conquistaron toda a costa mediterránea

A MONARQUÍA VISIGODA (organización política)

Imagen
  A crise do século III provocou a debilidade da defensa do imperio romano, o que levou á invasión de pobos veciños. Os emperadores víronse obrigados a dividir o Imperio e a pactar con estes pobos ou vinculalos como aliados (colaboración militar con Roma a cambio de terras e alimento). A Península Ibérica foi i nvadida por suevos, vándalos e alanos a inicios do século V (411) . Para frealos, o Imperio romano pactou un destes acordos ( foedus ) con outro pobo xermánico, os visigodos que remataron coa presenza de alanos e vándalos, quedando os suevos na Gallaecia. Ao caer o imperio romano de Occidente, os visigodos asentáronse no sur de Francia onde crearon un reino con capital en Toulouse . A comezos do século VI (ano 507) , unha vez desaparecido o Imperio Romano, os visigodos foron derrotados polos francos, deberon abandonar Francia e asentáronse definitivamente na península, creando un reino independente con capital en Toledo .  Os visigodos en Hispania, a pesar de contar